Este xoves 4 de decembro 1º aniversario de Nomepisesofreghao no Atreu!
3 de decembro de 2008Benqueridas Companheiras!!
A Moreia de Parafeministas Desgêneradas Nomepisesofreghao fazemos um ano!!
Um ano de Presências e Presentes!
Presência e Presentes no Movemento Social da cidade
Presência e Presentes nos espazos sociais C.S Atreu!,Casa das Atochas.
Presência e Presentes nos diferentes actos como 28 de Junho, Aniversario do C.S Atreu!, festas do bairro de Monte Alto…
Presência e Presentes nas acçons para mulheres: 8 de Março, Campanha polo aborto livre e gratuito, campanha em defessa dos dereitos das empregadas do fogar…
Presência de mulheres e Presentes como mulheres e activistas!!
Por todo isto e porque temos que seguir presentes, convidamos-vos a festa celebraçom de Nomepisesofreghao este JOVES DIA 4 NO C.S ATREU! A PARTIR DAS 20.00.
O Guernika en 3D. Flipante!
21 de novembro de 2008
Toda a xente que coñece o Guernika, sabe que é unha tea pintada ao
óleo, con 782 x351 cm, que Pablo Picasso presentou en 1937
na Exposición Internacional de París.
A tea, en branco e negro, representa o bombardeo sufrido pola
cidade española de Guernica o 26 de abril de 1937 por avións
alemáns e que actualmente está exposta no Centro Nacional de
Arte Reina Sofía, en Madrid.
O pintor, quen vivía en París nese tempo, soubo da
masacre polos periódicos e pintou as persoas, animais e edificios
destruídos pola forza aérea nazi, tal como os viu na súa imaxinación.
Agora, unha artista de Nova York, Lena Gieseke, quen
domina as máis modernas técnicas de infografía dixital, decidiu
propoñer unha versión 3D da célebre obra e colocala en internet, con
forma de vídeo. O resultado é fascinante e permítenos
visualizar detállelos que, doutro modo, pasaríannos
desapercibidos. Esta técnica innovadora revélase como un
poderoso instrumento para comprender mellor a forma
de traballar do pintor e ata o modo como funcionaba a súa imaxinación.
*Musica: Nana de Manuel de Falla*
Manifesto mulheres de negro denunciando o asasinato de Olga Marina Vergara en Colombia
15 de outubro de 2008A continuación pego o manifesto elaborado por Mulheres de negro no que denuncian o asasinato da integrante da Ruta Pacífica de Mujeres Colombianas Olga Marina Vergara . Paradóxicamente estaban a presentar o libro “Las violencias contra las mujeres en una sociedad en guerra” en Bogotá mentres en Medellín se producía esta masacre, na que morreron Olga, o seu fillo, a súa nora e o seu neto de 5 aniños.
A Ruta Pacífica de las Mujeres é unha propota política feminista que traballa pola visibilización dos efectos da guerra na vida das mulleres, rexeitan, xunto con outras entidades feministas estos feitos, que demostran unha vez máis a degradación da guerra e da sociedade.
Desde Galiza, nos sumamos a esta denuncia e a continuación inserto o manifesto de Mujeres de Negro:
Nosotras, mujeres populares de distintos rincones del país, indígenas,campesinas, citadinas, afrodescendientes, mulatas, mestizas,pertenecientes a diferentes procesos sociales y políticos, organizadas y aglutinadas en el MOVIMIENTO SOCIAL DE MUJERES CONTRA LA GUERRA Y POR LA PAZ, reunidas en nuestro encuentro nacional en la ciudad de Bucaramanga, Santander durante los días 27 y 28 de septiembre de 2008 DENUNCIAMOS, RECHAZAMOS Y CONDENAMOS la MASACRE en la que fue asesinada la compañera
OLGA MARINA VERGARA, integrante de la organización Ruta Pacífica de Mujeres Colombianas, y en la que también fueron
asesinadas tres (3) personas más de su familia, su hijo de 26 años, su nuera de 22 años y su nietecito, un niño de 5 años de edad.
Esta masacre ocurrió en Medellín, el pasado 24 de septiembre, ciudad que además de ser la segunda del país en número de habitantes, ha sido presentada al mundo como “modelo exitoso del proceso de desmovilización paramilitar”, las masacres, los asesinatos de civiles, las desapariciones forzadas, son los indicadores de éxito con los que el gobierno de la “seguridad democrática”, encubre y beneficia a los criminales.
Nosotras enamoradas y forjadoras de la vida, artesanas de resistencia y persistencia contra la guerra y por la construcción de una paz con justicia social y de género, DENUNCIAMOS ante el país y el mundo que la estrategia patriarcal de la guerra y la violencia en Colombia, se ensaña contra las mujeres, en todos los rincones de nuestra geografía nacional se cometen feminicidios, (asesinatos de mujeres), se desplazan forzadamente, se violan y mutilan, se someten a esclavitud sexual y doméstica y se condenan a vivir en condiciones de marginalidad, sin recursos, sin salud, sin agua, sin educación, sin
trabajo, sin protección.
La mal llamada “seguridad democrática”, no significa, ni ha significado mayor seguridad para las mujeres, protección del derecho a la vida digna, por el contrario, esta política ha empobrecido mucho más al pueblo colombiano y ha servido para despojarnos, expropiarnos de nuestras tierras y territorios, para aniquilar nuestra autonomía y soberanía alimentarias, para entregarle nuestro país y nuestros recursos a las trasnacionales para su privatización y explotación, acabando con nuestra biodiversidad y economías domésticas.
A las compañeras de la Ruta Pacífica de las Mujeres y a los familiares de Marina, manifestamos nuestra solidaridad y acompañamiento en el dolor que hoy nos embarga, reafirmamos una vez más nuestro compromiso en defensa de la vida digna, y de los procesos sociales para avanzar en la construcción del país justo, libre, democrático y en paz que soñamos para nosotras, nuestras hijas e hijos y nuestro pueblo.
EXIGIMOS a las autoridades y al gobierno nacional investigación, justicia y sanción de los autores materiales e intelectuales de estos hechos.
NO MÁS IMPUNIDAD DE LOS CRIMENES QUE SE COMETEN CONTRA LAS MUJERES, EXIGIMOS VERDAD, JUSTICIA, REPARACIÓN INTEGRAL Y GARANTÍAS DE NO REPETICIÓN!!!!
• Organización Femenina Popular
• Colectivo Policarpa Salavarrieta – La Pola
• Federación de Mujeres Campesinas de Nariño
• Coordinadora Nacional Agraria - CNA (Sevilla, Yumbo)
• Resguardo Indígena Cariamomo (Caldas- Risaralda)
• Programa Mujer Indígena CRIC-Consejo Regional Indígena del Cauca
• Programa de Mujer Indígena de la Orivac
• Asociación de Proyectos Alternativos Comunitarios-APAC
• Asociación de Madres Comunitarias (San Pablo, Bucaramanga, Puerto Wilches)
• Liga Internacional de Mujeres por la Paz y la Libertad - LIMPAL Colombia (San
Jacinto- Bolívar, Bogotá, Villavicencio, Cartagena)
• Asociación de Mujeres Productoras de Cárnicos –ASOMUPCAR, (Caquetá)
• Comisión Interfranciscana de Justicia, Paz y Reverencia con la Creación–
Piedecuesta, Santander
• Pastoral Social de Trabajadores-as (Regional Sabana: Hermanas Nuevas
Esperanzas; Alianza Fraternal- Apartadó, Barrancabermeja, Ibagué,)
• Asociación de Mujeres Fe y Vida- AMUFEVI, Valle del Cauca-Rovira, Ibagué
• Asociación de Mujeres AMAR – Arauca
• Red de Mujeres de Tiquisio – Magdalena Medio
• Red de Mujeres de Puerto Wilches – Magdalena Medio
• Red de Mujeres de Puerto San Pablo – Magdalena Medio
• Asociación Departamental de Mujeres Campesinas e Indígenas de
Santander - ADEMUCIS
• Asociación de Desplazados-as Palmeros-as, San Alberto -Cesar
Observadores(as)
• Equipos Cristianos por la Paz – ECAP
Septiembre 29 de 2008
O tribunal constitucional exime á igrexa católica de incluir as apostasías no libro de bautismo
1 de outubro de 2008O tribunal constitucional, presidico polo ultra-católico Carlos Dívar dá a razom à igrexa, entendendendo que os libros de bautismo nom tenhem carácter de ficheiros e, polo tanto, nom estariam sometidos à lei de protección de dados. Con todo isto pretenden negarnos a posibilidade de apostatar polas vías que actualmente se están usando das que, como sabedes facilitamos a información os luns, no Atreu!, gracias ás nosas compis de Maribolheras Precárias, que teñen en funcionamento unha oficina de apostasía.
A intención é traballar nuhha campaña que iremos presentando cando esté elaborada.
Agora, con mais razón temos mais ganas de traballar o tema. APOSTATA!!
Autodefensa Feminista e Espazo de Seguridade
11 de agosto de 2008Este sábado tivemos as Nomepises un obradoiro de autodefensa feminista. Viñeron a impartilo unhas compas de BCN, participaron tamén varias rapazas de Compos, así que vos podedes imaxinar o ben que o pasamos. Do obradoiro decir que foi super interesante, e que cabe posibilidade de que sigamos facendo propostas nesa liña.
Os grupos de autodefensa feminista se articulan na loita contra o patriarcado e están conformados por mulleres, a confianza no grupo é o mais importante, o proceso e totalmente autoxestionado, se autoxestiona o coñecemento, o tempo, os obxectivos… polo tanto imaxino que cada grupo de autodefensa é diferente do outro, mas seguro qeu teñen moito en común, porque, se analizamos as agresións que recebemos as mulleres, sen entrar na violencia mais salvaxe, son as mesmas, ou esa foi unha das conclusions extraidas o sábado no obradoiro e con isto entro en materia:
Un dos exemplos que puxemos como agresions na nosa cotidianidade foi a que percibimos por parte dos noso propios compas de militancia. Cando se traballa en espacios mixtos tamén estamos nunha continua loita de poder, na que partimos dunha situación de desventaxa clara. Os días previos á realización desta actividade os noso compas sacaron o pior que levan dentro, desde considerar que o feminismo non é necesario, até considerar o feminismo como hembrismo… en fin, qué vos vou contar, o que te atopas en calquera outro entorno, pero que no movemento e nos nosos compas fai moitísimo mais dano, porque despois falan de Queer e din que respetan as sensibilidades básicas que expuxemos en espacios coma o da Casa das Atochas.
As reaccións dos nosos compas ante a proposta de pechar os espacio para mulleres tal día como o sábado tamén foros de órdago, qué dirían se plantexásemos un obradoiro de autodefensa anarquista? nos chamarían secta, aquelarre…? pois frases desa índole se escoitaron e caras de censura ante a diferenciación do espazo, é incrible! cantas veces nos espazos de militancia desta cidade só hai homes, cantas mulleres se sinten excluidas deles cando van e a testosterona se percibe en metros á redonda, se plantexan algunha vez que esto non é lóxico, que si se traballara de verdade en temas de xénero esto non sucedería mais que fruto da casualidade unha de cada mil veces que pasa na realidade?
Eu o sábado aprendín e reforcei esa sensación que levo tempo sentindo, quero un espazo de mulleres, sexa dun día ao mes, ou de duas horas á semana, pero preciso que exista. Durante o taller tivemos sempre á nosa disposición un “espazo de seguridade” ao que podíamos acudir cando quixéramos descansar ou sair do grupo polo motivo que fora, apenas se usou, pero daba gusto saber que estaba alí, ademais o espazo de seguridade tiña a peculiaridade de que estando fora do espazo de traballo formaba parte del, podías sair do grupo pero seguir ao tanto do que nel acontecía. Quero ter sempre un espazo de seguridade, saber que existe e usalo sen deixar de ter os pes na terra, para seguir alerta, para que non me pillen despistada.
Antroido de veram do Atreu!
1 de agosto de 2008 Unha vez mais as maribolhis co Atreu! celebramos unha festiña, animádevos! a alternativa para ese día na cidade é o casposo XXIV Encuentro de Habaneras: Coral Mulleres de Vilaboa, Pensionistas Casa do Mar, Saraiba y San Martín de Meirás en el Auditorio del Parque de Sta Margarita organizado polo Concello. Vai ser moito mais divertido que vaiamos ao antrido de verám e sobre todo mais productivo, xa que vai ser unha festa de apoio ao CS Atreu!.
Ademais pronto veñen as desexadas vacacións e hai que ir abrindo boca, as miñas son do 15 de agosto ao 8 de setembro, non vou faltar que teño moito que celebrar!
Celebraremos este encontro na Casa das Atochas, xa sabes no bairro, na rúa Atocha Alta, 14, de 9 a 12 da noite, despois xa buscaremos onde imos.
Concentración na Coruña contra a trasfobia e polo esclarecemento da morte de Rosa Pazos
29 de xullo de 2008Onte, 28 de xullo, perto de 100 persoas acudiron á convocatoria realizada na cidade por Maribolheras Precárias, Nomepisesofreghao e CS Atreu! contra a transfobia e pedindo o esclarecemento da morte de Rosa Pazos, activista transexual e anarquista de Sevilla.
O acto comezou ás 21:00h, fíxose unha cartelada e se escenificou unha morrida no obelisco, despois partimos de pasarrúas pola rúa real onde se achegou bastante xente para interesarse polo tema.
Destacamos a presencia de compas de Lugo que se desplazaron á Coruña para acudir á concentración, obrigadas. Obrigadas tamén, por suposto a Maribolheras porque sodes a caña e tamén á xente da Casa das Atochas, de Própolis e como non ás que non vos considerades de ningures pero estades con nós, sodes do movemento.
Polo momento queda unha imaxe. Pero hai que mirar como foron as concentracións nos outros pontos de Galiza e do Estado.
Nom mais mortes por transfobia!
Queremos saber cómo morreu Rosa!
Tamén na Coruña concentración contra a transfobia e polo esclarecimento da morte da activista transsexual Rosa Pazos
24 de xullo de 2008A continuación colgo o manifesto enviado por compas que conforman a rede contra a transfobia e ao que nos aderimos desde a Coruña a través das Maribolheras Precárias, CS Atreu! e Nomepisesofreghao:
A passada sexta-feira 11 de julho, Rosa pazos, activista transsexual de 47 anos, foi encontrada morta no seu domicílio de Sevilha. Trás submeter o corpo à correspondente autópsia, o Instituto Anatómico Forense, emitiu um informe no qual se espressava que Rosa fora vítima de apunhalamento; fontes sem determinar ponhem em entredito a versom do assasinato.
Os grupos e colectivos asinantes deste manifesto exigimos com carácter de urgência:
1) O esclarecimento dos factos que arrodeam a morte de Rosa pazos coa maior brevidade, co fim de evitar difamaçons sobre as causas associadas à sua morte assi como acrescentar a dor que ja de por si supóm para familiares, amigas/os e companheiras/os de Rosa.
2) A implicaçom do Fiscal Geral do Estado, sr. Cándido Conde Pumpido co fim de exigir e agilizar os esclarecimento dos citados factos.
3) O tratamento do processo baixo as condiçons de máximo respeito à dignidade da falecida e de quem a rodeia, tanto por parte das instáncias policiais e judiciais involucradas no processo como polos meios de comunicaçom, cujo labor informativo sobre o caso de Rosa até o momento resultou extremdamente ofensivo e transfóbico, tal e como se vem denunciando desde o conhecimento da notícia. O respeito à identidade de Rosa e à intimidade da sua pessoa descarta o sensacionalismo dos meios de comunicaçom e o talante discriminatório com o que até a data se tem abordado a notícia.
Ao mesmo tempo denunciamos a enorme transfobia que rodeou a vida de Rosa, assi como o facto de que se lhe negara o seu direito à mudança de documentaçom e acceso à cirugia devido a que o sistema de saúde entende que umha pessoa com um diagnóstico de esquizofrénia ou qualquer outra ‘enfermidade mental’ nom pode decidir sobre o seu próprio corpo ou a sua identidade de gênero. Essa era a denúncia de Rosa e sem dúvida também a nossa.
As transfobias cotiás que se encontram nas ruas, nas leis, nos meios de comunicaçom, etc, som as que impedem a muitas pessoas acceder aos direitos básicos como o acceso ao mundo laboral, o respeito à própria identidade e o direito à autodeterminaçom do próprio corpo longe da tutela psiquiátrica.
Exigimos que a Administraçom pública asuma a sua responsabilidade e trabalhe para a integraçom laboral e social das pessoas trans. Exigimos um trabalho sério, à altura da gravidade e a importância da situaçom: nom queremos mais parches, cremos firmemente que a maneira de acavar com este tipo de situaçons é trabalhar directamente desde a raiz do problema e fazé-lo sem excussas. Nom é umha proposta séria e conseqüente aquela que aprova umha ‘lei de identidade de gênero’ para evitar a discriminaçom e ao mesmo tempo trata de enfermas a quem manifestam umha identidade de gênero diferente à maioritária. Diferente, nom por isto patológica. Reivindicamos que se trabalhe para
deconstruir os estereotipos que associam a identidade trans co estrano, o mostroso e o perverso, por destruir todas esas mensagens que geram ódio e convertem-nos em marginados e marginadas sociais.
Denunciamos mais umha vez a extrema vulnerabilidade do nosso colectivo e a mais qua alarmante freqüência coa que nos atopamos casos de pessoas trans mortas em estranas circunstâncias.
Reivindicamos, mais umha vez, que a luita contra a transfobia é umha luita de todas e todos, é um compromisso de quem queremos construir umha sociedade distinta. Que a única maneira de acavar com estas discriminaçons e violências que se visibilizam nas ruas das nossas cidades, nos despidos, na exclussom, nas agressons verbais e físicas é identificá-las no nosso entorno mais próximo e denunciá-las em todo momento. Porque ainda que desde os movimentos sociais luitemos para acavar coa transfobia, a verdadeira luita está nas nossas ruas, nos nossos bairros, nas nossas escadas, onde cada dia se vive a violência.
Por todo isto, os grupos abaixo asinantes convocamos a todas as pessoas para o próximo luns 28 de julho às 21′00 horas para acodir às concentraçons que terám lugar nas diversas cidades co fim de exigir umha investigaçom transparente e de rigor e o cesamento da transfobia que veu acompanhando o tratamento do caso da morte de Rosa Pazos.
Lembramos que os grupos de Barcelona, Bilbo, Donostia, Galiza, Madrid e Zaragoza aqui asinantes realizamos ja um labor de observaçom sobre a evoluçom juducual e mediática do caso com o objecto de denunciar qualquer tipo de injerência ou vulneraçom que por acçom ou omissom poda ter lugar durante o processo. Assi mesmo, denunciaremos polos cauces formais pertinentes qualquer tipo de acto que atente contra a dignidade da falecida e em particular aqueles de natureça antidiscriminatória dirigidos contra o respeito à identidade de gênero.
Asinam este manifesto:
7menos20, Gastéiz
Acera del Frente, Madrid
ALAS, Lugo
Amasol, Aragón
Asoc. madres y padres de lesbianas, gays, transexuales y bisexuales de Aragón
ATA (Asociación de Transexuales de Andalucía)
ATURUXO (Federaçom de Associaçons LGBT da Galiza)
Centro social Atreu, Galiza
Col·lectiu Gai de Barcelona
Colectivo por las disidencias sexuales y de género
Ehgam, Euskal Herria
Emaize, asesoría sexológica del ayuntamiento de Gasteiz
Énfasis, Gasteiz
Errespetuz-Asociación Vasca de Transexuales (Euskadi)
Stonewall, Aragón
Front dAlliberament Gai de Catalunya
Gaytasuna, Gastéiz
Gaztehgam, Euskal Herria
Grupo de Respuesta Antipatriarcal, Madrid
Guerrilla Travolaka, Barcelona
Lasde18, Aragón
Liberacción, Madrid
Maribolheras Precárias, Corunha
Mass Medeak, Bilbo
Medeak, Donostia
Nomepisesofreghao (feministas desgeneradas), Galiza
Panteras Rosas Galiza
Panteras Rosas, Portugal
Panteras Rosas, Sevilla
Queer Ekintza, Bilbo
RQTR, Madrid
Towanda, Aragón
TransGaliza
Podes ver umha crónica dos amigos de Rosa no portal ‘a las barricadas’:
http://www.alasbarricadas.org/noticias/?q=node/8161
Também queremos fazer-nos eco de outras agressons que estám a ter lugar estes dias no mais absoluto dos silêncios informativos e na mais absoluta das passividades políticas e sociais:
*18 de julho: agressom homófoba e racista a dous moços que saiam dumha discoteca em Donosti. Um deles continua hospitalizado.
*11 de julho: a transsexual Nova receve umha brutal malheira quando se encontrava numha terraça madrilenha. Um grupo passou e começou a increpá-la: ‘Que miras, travelo?’
*12 de julho: umha transsexual imigrante é detida e recebe umha brutal malheira por parte da polícia na Comissaria de Embajadores (Madrid), ademais de insultos racistas, tránsfobos e vejaçons:
http://www.20minutos.es/noticia/401133/0/transexual/policia/embajadores/
Roteiro da vergoña
10 de xullo de 2008O sábado foi o roteiro da vergoña, organizado pola Comisión da Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, parabén a Rupo e compañía, mas este ano quedou mais frouxo que o pasado, o certo é que o do ano pasado vai ser difícil de superar, sobre todo polo alto grado de emotividade, porque se lembraron mulleres e homes que militaron nas Atochas, e alí viviron, loitaron e morreron, estiveron representados por homes e mulleres de hoxe, familiares nalgúns casos… canto choramos!
Ademais para min foi moi especial que a miña rúa voltou ser a rúa liberdade, tanta disciplina e tanta hostia!
Este ano, pola contra o roteiro foi mais curto e menos emotivo, ainda que pretendía ser máis espectacular, convidaron a magos de Galiza que fixeron a súa aportación, mais quedou en algo demasiado simbólico, tamén porque o propio concello penso que lles puxo trabas para a realización.
Coincidiu o roteiro deste ano coa inauguración da estatua da virxe do Carme, qué vergoña! ao final nin marchou Millán Astrai, nen protestamos pola virxe!! incluso Manolo Monge dixo algo como: “non temos nada en contra das virxes” disculpe señor Monge, eu sí, ademasi non quero que se leven a Millan Astrai a un almacen municipal antes de fundilo, que o fundan directamente, e si pode ser diante de todas nos, na mesma praza, millor.
Unha vez máis compas de GZvideos fixeron unha reportaxe estupenda que podedes ver aquí.
Pola miña banda só comentar que me gustou mais o roteiro do ano pasado, me sentín moitísimo mais identificada, se falaou da importancia das mulleres na guerra civil, se lemboru a todas quelas que loitaron, incluso apareceron espontáneas durante o percorrido que tiñan moito que contar, son menos televisivas que o Magon Antón, pero teñen unha forza que xa quixéramos moitas!
Non me podo resistir
4 de xullo de 2008Onte, despois de tempos de militancia, nos tomamos un descanso para un evento social en toda regla, a inauguración do Restaurante El Circo, en Doctor Fleming, o novo negocio do noso particular rei Midas da hostelería: Juan Barjuan. Hoxe estaba buscando fotos para mostrarllo ás miñas compis, e me introducin no mundo dos fotologs, entre eles o propio de barjuan&puticlú: http://www.fotolog.com/elbarjuan/ outro específico para a inauguración: http://www.fotolog.com/hangtheguille/ por suposto o de Pabli e Reimon http://www.fotolog.com/maravilhasclub etc… pero ao que non me puiden resistir foi a seguir o enlace ao vídeo que vos poño a continuación, qué fermosa cabeceira de programa coa música de vainica doble… qué tempos… desfrutade!!
Agora que xa estades emocionadas, vos sentides vellas e non podedes deixar de tararear este temazo… xa estás lista para voltar á militancia, e senon ainda vos podedes pegar unhas homenaxes e deixalo paramañan, que hai roteiro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e vai haber maxia e diversión. Parte ás 12 da cidade vella, de alí dun lateral de Capitanía, ademais durante todo o día haberá soho na rúa Orzán, que tamén ten a súa parte militante. Pro alí nos vemos!!


