Fermosa Mani este 28 de xunho, parabéns para todas

30 xuño 2008

Como arrastro un forte catarro e non estou don forzas de compoñer nada vos deixo o texto que as Nomepisesofreghao adicamos ás mulleres que vivían e traballaban no papagaio antes de existir o bulevar, lino cando a mani pasaba pola rúa Panadeiras e mentres as compañeiras do colectivo colgaban un farolillo vermello lembrando o que foi o bairro chino da cidade:

16317.jpg“Chegadas a este ponto gostaríamos de facer unha parada para lembrar a aquelas mulleres que traballaban no vello papagaio, no que non era un bulevar senón un bairro obreiro, no que vivían e traballaban moitas mulleres ao marxe da legalidade e da moralidade da igrexa e da sociedade benpensante. Antes as prostitutas e o que representaban estaban nos centros das cidades, en espazos delimitados e sinalados, pero estaban. Hoxe están na periferia urbanística, pero seguen a ser centrais para o patriarcado, xa que alonxalas á periferia é incrementar o control, posto que o obxectivo de este tipo de medidas é que non podan traballar pola súa conta. O centro queda para outras formas de opresión. Con todo esto perseguen non deixar marxe a un mínimo de autonomía dentro dos roles establecidos para nos, TODO baixo control: o consumo, o coidado, a prostitución, o paseo (baixo cámaras de vixiancia).

Paco Vázquez deixounos moitos legados antes de marchar ao Vaticano: un deles foi este gran proxecto empresarial baseado na mais pura especulación inmobiliaria, antes tiñamos casiñas baixiñas e rúas estreitas nas que o traballo sexual se exercía en condicións bastante indignas, sobre todo nos últimos anos, ¿qué temos agora? Enormes moles nas que traballarán moitas mulleres tamén, coidando á xente maior e, sobre todo vendendo, vendendo imaxe, vendendo modelos de persoas que nada teñen que ver co que aquí había, pero que sí teñen en común as condicións indignas nas que realizan o seu traballo.

UNHA VEZ MÁIS A PRECARIEDADE TEN CORPO DE MULLER, corpos que a igrexa e o patriarcado queren converir en galerías e escaparates, e queren manter sempre nunha condición de opresión para que sexamos productoras: productoras de coidados para os vellos, productoras de fillos para os novos, productoras de compradores para os centros comerciais…

Mais hoxe aquí, queremos berrar ben forte que non queremos ser productoras para eles, queremos decidir sobre os nosos corpos, queremos liberar os nosos ovarios dos seus rosarios e por si non nos escoitan o repetimos tantas veces como faga falta:

BASTA DE ROSARIOS NOS NOSOS OVARIOS!!!!!!”

 

Si queres ver o video de GZvideo en pantalla completa pincha aquí

Publicado na categoría Movemento | Trackback | del.icio.us | Enriba

Deixa unha resposta