Roteiro da vergoña
10 xullo 2008O sábado foi o roteiro da vergoña, organizado pola Comisión da Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, parabén a Rupo e compañía, mas este ano quedou mais frouxo que o pasado, o certo é que o do ano pasado vai ser difícil de superar, sobre todo polo alto grado de emotividade, porque se lembraron mulleres e homes que militaron nas Atochas, e alí viviron, loitaron e morreron, estiveron representados por homes e mulleres de hoxe, familiares nalgúns casos… canto choramos!
Ademais para min foi moi especial que a miña rúa voltou ser a rúa liberdade, tanta disciplina e tanta hostia!
Este ano, pola contra o roteiro foi mais curto e menos emotivo, ainda que pretendía ser máis espectacular, convidaron a magos de Galiza que fixeron a súa aportación, mais quedou en algo demasiado simbólico, tamén porque o propio concello penso que lles puxo trabas para a realización.
Coincidiu o roteiro deste ano coa inauguración da estatua da virxe do Carme, qué vergoña! ao final nin marchou Millán Astrai, nen protestamos pola virxe!! incluso Manolo Monge dixo algo como: “non temos nada en contra das virxes” disculpe señor Monge, eu sí, ademasi non quero que se leven a Millan Astrai a un almacen municipal antes de fundilo, que o fundan directamente, e si pode ser diante de todas nos, na mesma praza, millor.
Unha vez máis compas de GZvideos fixeron unha reportaxe estupenda que podedes ver aquí.
Pola miña banda só comentar que me gustou mais o roteiro do ano pasado, me sentín moitísimo mais identificada, se falaou da importancia das mulleres na guerra civil, se lemboru a todas quelas que loitaron, incluso apareceron espontáneas durante o percorrido que tiñan moito que contar, son menos televisivas que o Magon Antón, pero teñen unha forza que xa quixéramos moitas!
10 xullo 2008 ás 11:11 am
concordo completamnte coa tua crónica sobre o roteiro
bicos
16 agosto 2008 ás 10:47 am
Your blog is interesting!
Keep up the good work!