Autodefensa Feminista e Espazo de Seguridade
11 agosto 2008Este sábado tivemos as Nomepises un obradoiro de autodefensa feminista. Viñeron a impartilo unhas compas de BCN, participaron tamén varias rapazas de Compos, así que vos podedes imaxinar o ben que o pasamos. Do obradoiro decir que foi super interesante, e que cabe posibilidade de que sigamos facendo propostas nesa liña.
Os grupos de autodefensa feminista se articulan na loita contra o patriarcado e están conformados por mulleres, a confianza no grupo é o mais importante, o proceso e totalmente autoxestionado, se autoxestiona o coñecemento, o tempo, os obxectivos… polo tanto imaxino que cada grupo de autodefensa é diferente do outro, mas seguro qeu teñen moito en común, porque, se analizamos as agresións que recebemos as mulleres, sen entrar na violencia mais salvaxe, son as mesmas, ou esa foi unha das conclusions extraidas o sábado no obradoiro e con isto entro en materia:
Un dos exemplos que puxemos como agresions na nosa cotidianidade foi a que percibimos por parte dos noso propios compas de militancia. Cando se traballa en espacios mixtos tamén estamos nunha continua loita de poder, na que partimos dunha situación de desventaxa clara. Os días previos á realización desta actividade os noso compas sacaron o pior que levan dentro, desde considerar que o feminismo non é necesario, até considerar o feminismo como hembrismo… en fin, qué vos vou contar, o que te atopas en calquera outro entorno, pero que no movemento e nos nosos compas fai moitísimo mais dano, porque despois falan de Queer e din que respetan as sensibilidades básicas que expuxemos en espacios coma o da Casa das Atochas.
As reaccións dos nosos compas ante a proposta de pechar os espacio para mulleres tal día como o sábado tamén foros de órdago, qué dirían se plantexásemos un obradoiro de autodefensa anarquista? nos chamarían secta, aquelarre…? pois frases desa índole se escoitaron e caras de censura ante a diferenciación do espazo, é incrible! cantas veces nos espazos de militancia desta cidade só hai homes, cantas mulleres se sinten excluidas deles cando van e a testosterona se percibe en metros á redonda, se plantexan algunha vez que esto non é lóxico, que si se traballara de verdade en temas de xénero esto non sucedería mais que fruto da casualidade unha de cada mil veces que pasa na realidade?
Eu o sábado aprendín e reforcei esa sensación que levo tempo sentindo, quero un espazo de mulleres, sexa dun día ao mes, ou de duas horas á semana, pero preciso que exista. Durante o taller tivemos sempre á nosa disposición un “espazo de seguridade” ao que podíamos acudir cando quixéramos descansar ou sair do grupo polo motivo que fora, apenas se usou, pero daba gusto saber que estaba alí, ademais o espazo de seguridade tiña a peculiaridade de que estando fora do espazo de traballo formaba parte del, podías sair do grupo pero seguir ao tanto do que nel acontecía. Quero ter sempre un espazo de seguridade, saber que existe e usalo sen deixar de ter os pes na terra, para seguir alerta, para que non me pillen despistada.