O Guernika en 3D. Flipante!

21 novembro 2008

Toda a xente que coñece o Guernika, sabe que é unha tea pintada ao
óleo, con 782 x351 cm, que Pablo Picasso presentou en 1937
na Exposición Internacional de París.
A tea, en branco e negro, representa o bombardeo sufrido pola
cidade española de Guernica o 26 de abril de 1937 por avións
alemáns e que actualmente está exposta no Centro Nacional de
Arte Reina Sofía, en Madrid.
O pintor, quen vivía en París nese tempo, soubo da
masacre polos periódicos e pintou as persoas, animais e edificios
destruídos pola forza aérea nazi, tal como os viu na súa imaxinación.
Agora, unha artista de Nova York, Lena Gieseke, quen
domina as máis modernas técnicas de infografía dixital, decidiu
propoñer unha versión 3D da célebre obra e colocala en internet, con
forma de vídeo. O resultado é fascinante e permítenos
visualizar detállelos que, doutro modo, pasaríannos
desapercibidos. Esta técnica innovadora revélase como un
poderoso instrumento para comprender mellor a forma
de traballar do pintor e ata o modo como funcionaba a súa imaxinación.

*Musica: Nana de Manuel de Falla*

Publicado na categoría Onanismo mental | Trackback | del.icio.us | Enriba

Deixa unha resposta