Arquivo para a categoría 'Movemento'
Manifesto mulheres de negro denunciando o asasinato de Olga Marina Vergara en Colombia
15 outubro 2008A continuación pego o manifesto elaborado por Mulheres de negro no que denuncian o asasinato da integrante da Ruta Pacífica de Mujeres Colombianas Olga Marina Vergara . Paradóxicamente estaban a presentar o libro “Las violencias contra las mujeres en una sociedad en guerra” en Bogotá mentres en Medellín se producía esta masacre, na que morreron [...]
O tribunal constitucional exime á igrexa católica de incluir as apostasías no libro de bautismo
1 outubro 2008O tribunal constitucional, presidico polo ultra-católico Carlos Dívar dá a razom à igrexa, entendendendo que os libros de bautismo nom tenhem carácter de ficheiros e, polo tanto, nom estariam sometidos à lei de protección de dados. Con todo isto pretenden negarnos a posibilidade de apostatar polas vías que actualmente se están usando das [...]
Autodefensa Feminista e Espazo de Seguridade
11 agosto 2008Este sábado tivemos as Nomepises un obradoiro de autodefensa feminista. Viñeron a impartilo unhas compas de BCN, participaron tamén varias rapazas de Compos, así que vos podedes imaxinar o ben que o pasamos. Do obradoiro decir que foi super interesante, e que cabe posibilidade de que sigamos facendo propostas nesa liña.
Os grupos de autodefensa feminista [...]
Concentración na Coruña contra a trasfobia e polo esclarecemento da morte de Rosa Pazos
29 xullo 2008Onte, 28 de xullo, perto de 100 persoas acudiron á convocatoria realizada na cidade por Maribolheras Precárias, Nomepisesofreghao e CS Atreu! contra a transfobia e pedindo o esclarecemento da morte de Rosa Pazos, activista transexual e anarquista de Sevilla.
O acto comezou ás 21:00h, fíxose unha cartelada e se escenificou unha morrida no obelisco, despois partimos [...]
Roteiro da vergoña
10 xullo 2008O sábado foi o roteiro da vergoña, organizado pola Comisión da Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, parabén a Rupo e compañía, mas este ano quedou mais frouxo que o pasado, o certo é que o do ano pasado vai ser difícil de superar, sobre todo polo alto grado de emotividade, porque se lembraron mulleres [...]
Video Mani 28J: brutal!
30 xuño 2008Compas de GZvideos estiveron gravando e montando este precioso documento da mani do sábado, moitas grazas!! quedou brutal!!
Fermosa Mani este 28 de xunho, parabéns para todas
30 xuño 2008Como arrastro un forte catarro e non estou don forzas de compoñer nada vos deixo o texto que as Nomepisesofreghao adicamos ás mulleres que vivían e traballaban no papagaio antes de existir o bulevar, lino cando a mani pasaba pola rúa Panadeiras e mentres as compañeiras do colectivo colgaban un farolillo vermello lembrando o que [...]
Reunión de Traballo coas Maribolhis, a ver si na próxima…
23 xuño 2008O xoves pasado, 19 de xuño, houbo reunion de traballo coas Maribolheras para colabroar na organización da Mani do 28, sinceramente, estou un pouco decepcionada, no momento de dar os apoios mola mogollón figurar, pero realmente non houbo representación dos grupos que apoiaron testimonialmente. De feito estábamos as maribolhis e algunhas [...]
28 de xunho, na Queerunha… MANI-FEST-ACCIÓN
18 xuño 2008Non podes faltar… Sábado 28, ás 20:00 h. no Campo de Marte partimos en mani, ao rematar a mani seguirá a festa no Campo da Lenha con moitas sorpresas. Se queres colaborar na preparación tamén hai unha convocatoria para o Xoves 19 ás 19:30 no Atreu!
http://maribolheras.blog.com
Tes adxunto o cartaz, difunde e apoia!!
Acción reacción
16 xuño 2008A verdade é que esto de ter un blogue é un pouco difícil, debería telo actualizado, porque cando entro me da tanta pereza poñerme a escreber…! se acumulan tantos pensamentos na cabeza… gostaríame escreber sobre a Casa das Atochas, sobre o movemento na cidade, sobre o meu traballo, e todo desde unha perpectiva crítica e [...]